viernes, 4 de junio de 2010

Mentres se carga o vídeo...

... e que isto anda lento, máis ca nós. Tivemos moi bo tempo para camiñar, nin choiva, nin sol, algo de calor sí. Ben agora toca falar galego, xa que coñecín a unha irlandesa de Dublín, que levaba camiñando desde o 29 de abril, iso é moito camiñar, e non sabía que existía a língua galega, saúdos María.

Parece que levamos moito mellor isto de camiñar tantos quilómetros nun día, e aínda que faga calor merece a pena pola paisaxe primaveral.




Na metade do camiño atopamos a tortura chinesa? ou galega?






E logo un descanso



Para remate final o chegar a Portomarín temos unha subida como as pirámides maias¡¡

No hay comentarios: